Auga Seca (Cap.1-8 da tempada 2)

sinopse
Traumatizada polo shock da morte de Fran, Teresa continúa a súa investigación con respecto aos Galdón. Está convencida de que Mauro, o patriarca da familia, está dalgún xeito ligado ao tráfico de armas -pero como demostralo? Mentres, Mauro -coa axuda de Lázaro- busca con desesperación vengar o asasinato do seu fillo, e polo camiño termina entrando en conflito coa policía. A medida que a trama vai avanzando no presente, inesperadamente, Teresa atópase afondando no pasado, xusto, no momento que conecta a Mauro e a Lázaro coa morte do seu pai, Joâo.
FICHA TÉCNICA
  • Produtora: Portocabo SPI
  • Dirección: Toño López, Sergio Graciano
  • Dirección de arte: Andrea Pozo, Margarida “Guigas” Simões
  • Dirección de fotografía: Lucía C. Pan, Manuel P. Barros
  • Dirección de produción: Ana Míguez, José Retré
  • Música orixinal: Elba Fernández, Xavi Font
  • Guión: Carlota Dans, Roberto G. Méndez, Alfonso Blanco, Nina Hernández, Ana Míguez, Miguel Simal
  • Produción executiva: Alfonso Blanco, José Amaral
  • Creada por: Alfonso Blanco
  • Reparto: Victoria Guerra, Monti Castiñeiras, Adriano Luz, Eva Fernández, Sergio Pazos, Igor Regalla, Paloma Saavedra,  Luana Piovani, Cris Iglesias, Tacho González, Joana Manuel, Gonçalo Waddington, João Pedro Dantas, Marta Andrino, Tomás Alves, Belén Constenla, Nacho Castaño, Dani Trillo, Carmen Méndez, José Fidalgo
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor serie de TV