Atrápame se podes, chanzo arriba
sinopse
Atrápame se podes, chanzo arriba é un concurso de preguntas e respostas presentado por Paco Lodeiro. Cada programa empeza con cinco concursantes, pero o que teña menor puntuación na fase dos retos é expulsado e non volve ao día seguinte. Si o fan os outros catro, aos que se suma un novo participante. Todos eles loitan por chegar ao “Minuto final”. Cada día o programa pon en xogo 400 euros, a maiores do bote. Se o concursante que chegue á última fase non acerta todas as preguntas leva 200 euros.
FICHA TÉCNICA
- Produción executiva: Fernanda Tabarés
- Produción delegada TVG: Fernando R. Okea
- Directora de produción: Paula Fernández
- Realizador: Óscar González
- Cámaras: Natalio Lorenzo, Ana Reino, Hugo Vázquez, Fernando Ferreiro
- Xefe de son: Rubén Bermúdez, Fon Couceiro
- Maquillaxe e perruquería: Iris Bautis
- Vestiario: Julia Rodríguez
- Montaxe: Óscar González, Dani Castro, Enrique Moro, Marisol Torreiro, Pablo Muñoz
- Presentador: Paco Lodeiro
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor comunicador
