O vindeiro mércores 7 de febreiro, a partir das 17:00 horas, os académicos Denís Gómez e Lucía Veiga anunciarán cales as candidaturas finalistas dos XXII Premios Mestre Mateo, que competirán por alzarse cun trofeo na gala do vindeiro 23 de marzo.
Como xa sucedeu o ano pasado, o anuncio terá lugar no Museo Estrella Galicia. As candidaturas tamén serán anunciadas en directo nas nosas redes sociais.