Comunicación oficial da listaxe de obras e profesionais finalistas desta edición dos Premios Mestre Mateo.
Programa de actividades en Lugo
Anuncio de finalistas
acceso e reservas
Reserva a túa entrada chamando ao 633 24 56 39 en horario de 10:00 a 17:00 horas ou escribindo a actividades@
Proxección longametraxes e documentais finalistas
Cada sesión contará coa presenza dos equipos técnicos e artísticos das producións que farán unha presentación e un coloquio co público unha vez rematada a proxección.
acceso e reservas
Actividade de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade da sala.
calendario de proxeccións
pasaporte deleite
mestre mateo
O público asistente recibirá un agasallo: o Pasaporte Deleite Mestre Mateo, que poderán selar ao remate de cada unha das sesións. Aquelas persoas que consigan un mínimo de catro selos recibirán unha entrada que dará acceso o espectáculo do Escenario Deleite Mestre Mateo no Auditorio Fuxan os Ventos o día 21 de marzo.
Como funciona o Pasaporte Deleite Mestre Mateo?
Durante as proxeccións das longametraxes e documentais finalistas nos Cines Códex, o público poderá participar no Pasaporte Mestre Mateo.
- As persoas asistentes poderán recoller de balde un Pasaporte Mestre Mateo na taquilla do cine antes do inicio da proxección.
- Ao rematar cada sesión, o persoal do cine selará o pasaporte como comprobante de asistencia.
- O pasaporte poderá utilizarse en todas as sesións da programación de proxeccións.
- Ao finalizar o ciclo de proxeccións, o público deberá mostrar na taquilla o número de selos acumulados.
- As persoas que reúnan o maior número de selos poderán conseguir unha entrada directa para asistir á gala dos Premios Mestre Mateo.
Encontro co público: detrás dos Mestre Mateo
Queres saber como se crea un evento destas características? Os e as profresionais que traballan na produción e na prensa na gala dos Premios Mestre Mateo desvelarán os segredos mellor gardados nunha conversa na que falarán dos aspectos máis descoñecidos e interesantes da organización interna do evento.
acceso e reservas
Reserva a túa entrada chamando ao 633 24 56 39 en horario de 10:00 a 17:00 horas ou escribindo a actividades@
Encontro co público: presentadores da gala e Premio de Honra
Unha cita para coñecer de primeira man ás persoas protagonistas da gala dos Premios Mestre Mateo.
acceso e reservas
Reserva a túa entrada chamando ao 633 24 56 39 en horario de 10:00 a 17:00 horas ou escribindo a actividades@
Xuntanza de finalistas
Encontro cos equipos e profesionais finalistas desta edición dos Premios Mestre Mateo.
Espectáculo ‘O mellor audiovisual galego posible’ desde o escenario Deleite Mestre Mateo
Espectáculo en directo presentado polo cómico Rafa Durán para o seguemento da retransmisión da gala dos Premios Mestre Mateo.
- Gala aberta ao público
- Espectáculo en directo desde o escenario
- Unha noite chea de sorpresas para celebrar o audiovisual galego
acceso e reservas
Reserva a túa entrada chamando ao 633 24 56 39 en horario de 10:00 a 17:00 horas ou escribindo a actividades@
