Skip to main content

O prazo de inscrición de obras e profesionais para participar nos XXI Premios Mestre Mateo estará aberto de hoxe, 19 de setembro ata o 24 de outubro de 2022, ás 14.00 horas.

Recomendámosvos que leades atentamente as bases da presente edición antes de acceder ao formulario de inscrición. En caso de dúbidas ou consultas, podedes poñervos en contacto connosco no correo premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou no teléfono 981 227 701, de luns a venres de 9:00 a 16:00. 

Bases XXI Mestre Mateo