Skip to main content

Xa está aberto o prazo de inscrición de obras e profesionais para participar nos XXIV Mestre Mateo. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 3 de novembro ás 14:00 horas.  A próxima gala dos Premios Mestre Mateo terá lugar en Lugo o día 21 de marzo. Será no Auditorio Fuxan os Ventos grazas ao apoio da área de cultura da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo.

Ademais, as bases incorporan cambios e novidades nas categorías de produción.

  • A porcentaxe mínima de produtoras galegas baixa do 25% ao 20%.
  • Incorpórase un novo requisito polo que as produtoras galegas cunha porcentaxe entre o 10% e o 19% deben contar coa suficiente cota de talento galego e elementos de galeguidade.

Para máis información, podes consultar aquí as bases.