A viaxe de Lucy

sinopse

Hai algo moi especial en ser capaces de mandar un “cacharro” de aluminio -en palabras de Hal Levison- e poder lanzalo literamente dun puntapé a 600 millóns de kilómetros de distancia. El e Cathy Olkin estiveron toda a súa vida soñando con estudar a fondo uns enigmáticos fósiles flotantes. Chegou o momento de facelo realidade. Un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixoante misión espacial da NASA a través dos ollos de Hal, Cathy, Donya e Matt, catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade, e cun toque de humor, así como inspirar a novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar convertíndose nos líderes dunha importante misión da NASA coma eles.

Durante tres anos acompañamos a un dos científicos planetarios máis recoñecidos a nivel mundial, e pai dunha controvertida teoría sobre a formación do sistema solar; unha muller afrodescendente que aos dez anos soubo que quería ser exeñeira e traballar para a NASA (e que o conseguiu!); un enxeñeiro con máis de dez misións espaciais ás súas costas e que está ahora a construir a nave espacial que levará á humanidade de volta á Lúa; e unha científica que adica o seu tempo de lecer a adestrar adolescentes en robótica.

FICHA TÉCNICA
  • Directora: Ruth Chao
  • Produtores: Ruth Chao, Alphonse de la Puente
  • Produtores Executivos: Ruth Chao, Alphonse de la Puente, Alicia Veira
  • Guionistas: Alphonse de la Puente, Ruth Chao
  • Montadora: Cristina Liz
  • Segundos Montadores: Óscar Pardo, Laura Piñeiro
  • Música Orixinal: Juan Ramón Salgueiro
  • Axudantes de Produción: Natalia Porca, Cecilia Santiago
  • Produción Unidade Cabo Cañaveral: Robin Champagner, Rachael Nail, Jim Lewis
  • Director de Fotografía: Santiago Raimundi
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor documental
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor dirección de produción