A pequena morte (Caamaño & Ameixeiras)
sinopse
Ir ás eirugas, ir ás fabas, ir entre o millo facer o que non é debido. Facer a cochinada. Abalar unha pereira. Ir á fonte por auga. O pracer. Revolverse en febre. As pequenas mortes, doces e húmidas. “A pequena morte” é unha homenaxe ao sensual, ao pracer, ás mortes doces e húmidas. Partindo dun sustrato tradicional, un tema de Balboa recollido por Dorothé Schubarth nos anos 80, Caamaño&Ameixeiras traen esta muiñeira ao aquí e agora. Revisítana cunha mirada que lembra e conserva a esencia pícara, atrevida, simbólica, ambivalente e transgresora das coplas populares galegas.
FICHA TÉCNICA
- Idea orixinal: Melania Freire
- Dirección e fotografía: David Silva
- Dirección creativa: Melania Freire
- Dirección de Arte: Judith Adataberna
- Vestiario e MUA: Judith Adataberna
- Música: Tradicional / Caamaño&Ameixeiras
- Letra: Alba María
- Produción musical: Hevi
- Gravación e mestura: Hevi no Laboratorio Soyuz
- Master: Cem Oral
- Selo discográfico: Raso Estudio
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor videoclip