Skip to main content

 

  • As longametraxes Jacinto e Malencolía acadan 11 candidaturas finalistas e a serie Hierro, 8. 
  • As gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña. 

10 de febreiro de 2022 | A Academia Galega do Audiovisual anunciou esta mañá, desde o showroom de Cafés Candelas en Lugo, os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XX edición dos Premios Mestre Mateo, nun café entre amigos coa presenza de Alba Mancebo, Esther Estévez, Beatriz Serén, Luis Iglesia e María Costas, que desvelaron as candidaturas finalistas. 

Cuñados, Jacinto, Malencolía e Tres son finalistas á Mellor longametraxe, mentres que A poeta analfabetaA virxe roxa, O gran camiño e Welcome to ma maison  sono a Mellor documental. As finalistas a Mellor serie son  Hierro, A lei de Santos, Auga Seca e Método Criminal e a Mellor serie web Cacola, Delicias Amargas, Mataría Microserie e Xela Arias. A palabra esgazada

A primeira rolda de votacións das académicas e académicos convirte ao filme Cuñados na produción máis votada, acadando 16 candidaturas finalistas, seguida por Jacinto e Malencolía con 11, a serie Hierro, con 8, e Eles transportan a morte e Tres con 6. Os directores dos traballos máis votados, Alfonso Zarauza, Javi Camino, Jorge Coira e Toño Chouza, competirán polo premio á Mellor dirección.

Cuñados acapara 6 candidaturas finalistas nas categorías de interpretación, cos tres protagonistas do filme, Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán competindo polo trofeo a Mellor interpretación masculina protagonista, xunto con Pedro Brandariz, por Jacinto. Malencolía logra 5 candidaturas finalistas para os seus intérpretes, recoñecendo o traballo das actrices de reparto Iolanda Muíños e Ledicia Sola e a protagonista Melania Cruz, así como o de Diego Anido e Ricardo de Barreiro, na categoría de Mellor interpretación masculina de reparto. 

Dos 32 programas de TV presentados os votos das académicas e académicos elixiron Cinephilia, Clac, Cos pés na terra e Dígocho Eu e o traballo de Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene na categoría de mellor comunicador/a. 

O videoclip da canción Figa de Tanxugueiras é finalista xunto con El volcán de Pablo Lesuit, Fukushima de Triángulo de amor bizarro e Voucho contar así de Grupo Antilia. A comuñón da miña prima Andrea, Augas Abisais, Aura e Fracturas son as finalistas na categoría de mellor curtametraxe; e E Lalín… sóache?, Las estrellas del camino. Miradas de resistencia, Redes vivas e Xacobeo, camiña a Galicia na de mellor anuncio.

A Gala de entrega de premios na que se coñecerá o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña.