A moza que abortou e o contou

sinopse

Nadal de 2024: a CORA (20) báixalle a regra por primeira vez desde o aborto. Ela estuda xornalismo; é segura, lista e autoesixente e está moi namorada -moito- do seu mozo. Este 24 de decembro a súa nai e a súa tía preparan a cea apuradas. O seu pai, o seu tío e o fillo deste, chegan tarde. A avoa coida do avó, que está enfermo e non pode case moverse. A súa curmá e o mozo aparecen e alguén fai comentarios sobre canto adelgazou ela. Por fin todas e todos sentan á mesa; falan do típico –que tal o traballo, que tal os estudos– até que Cora decide contar que abortou. Esta é a historia dunha moza que o contou e de como este relato desata debates, discusións, contradicións e novas revelacións nunha noite na que o fogar se converte nun núcleo de violencias. Por sorte, ALDARA (10), a irmá pequena de Cora, grava todo co teléfono.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección e guión: Eire Cid, Rosalía Quiroga
  • Axudante de dirección: Uxía Diéguez
  • Script: Carmen María Chamadoira, Uxía Diéguez
  • Dirección de fotografía: Diego F. Otero
  • Operador steadycam: Nico Esteiro
  • Gaffer: Paula Varela
  • Foto fixa e making of: Xandra Táboas
  • Son directo: Aroa Ferreiro
  • Axudante de son: Lucas San Teodoro
  • Reforzo de son: Diandra Eijo
  • Dirección de arte: Celia López
  • Axudante de arte: Ana Mª Sánchez
  • Maquillaxe e perruquería: Charlie Callahar, Valeria Lago, Soraya Socorro
  • Tatuaxes: Urco Tatuaxes
  • Uñas: Diandra Eijo
  • Vestiario: Petra Iglesias
  • Produción executiva: Eire Cid, Rosalía Quiroga, Cristela Torres
  • Dirección de produción: Bea Villar
  • Xefa de produción: Lara Caiero
  • Axudante de produción: Diandra Eijo, Andrea Pérez
  • Deseño e grafismo: Raul Quintiana
  • Montaxe e VFX: Bruno Arias
  • Etalonaxe: Leticia T. Blanco
  • Posprodución de son: Aroa Ferreiro, Diandra Eijo
  • Canción orixinal: Nadie González & Petrowski
  • BSO orixinal: Zalo Rodríguez
  • Reparto: Lara Álvarez, Uxía Macías, Patricia Torres, Neves Rodríguez, Ana San Fernando, Ana Belén Presa, Fran Peleteiro, Hugo Rodríguez, Suso Cortegoso, Ventura Luaces, Nacho Pena
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor serie web