A lei de Santos (Cap. 8-14)

sinopse
Santos marchou de Serramoura e volveu a Viladesantos co obxectivo de dar o que ía ser o seu último golpe, pero as contas da casa non sempre cadran coas do mercado, e a cousa non saíu como pensara. O reencontro cos seus antigos veciños fixo que agromasen sentimentos que levaban moito tempo ocultos nalgún recuncho do seu corazón. E por se iso non fose suficiente, o descubrimento de que é o pai biolóxico de Uxía supuxo un auténtico choque para el, impacto que foi aínda maior ao ser ela unha das gardas civís da vila. Ademais, a inesperada morte de Pancho, despois dun duro enfrontamento con Antonia, obrigou a Santos a facer unha profunda reflexión: seguir sendo Santos, ese temido delincuente, ou abandonar a profesión e volver ser Mario Piñeiro, un honrado cidadán. Con moitas dúbidas sobre o seu futuro, Santos decide regresar de novo a Viladesantos, coa esperanza de atopar alí a resposta.
FICHA TÉCNICA
  • Produción Executiva: Fernanda Tabarés
  • Produción Delegada TVG: Fernando R. Ojea
  • Produtora: Voz Audiovisual SAU e CRTVG S.A.
  • Guión: Carlos Portela, Lidia Fraga, Roberto G. Méndez, Jacobo Díaz, María S. Ferreiro, Iria Sobrado
  • Dirección de produción: Paula Fernández
  • Directores: Ozo Perozo, Manuel A. Espiñeira
  • Rexedores: Marta Lodeiro, Ana Torres
  • Scripts: Mónica Aguiar, Olaia Sánchez
  • Cámaras: Natalio Lorenzo, Hugo Vázquez, Fernando Ferreiro, Agustín Cerviño, Fred Fuentes
  • Operadores de vídeo: Moisés Castiñeira, Xabier Jácome
  • Xefa de produción: Chus Fernández
  • Director fotografia: Xosé Manuel Neira
  • Directora de arte: Alexandra Fernández
  • Xefa vestiario: Julia Rodríguez
  • Maquillaxe: Marián Sánchez
  • Perruquería: Fani Mosqueira
  • Xefe de Son: Alfonso Couceiro, Víctor Seixo, Santi Jul, Iván Laxe
  • Posprodución de son: Víctor Seixo, Santi Jul, Iván Laxe
  • Montaxe: Marisol Torreiro, Dani Castro, Óscar González, Pablo Muñoz, Carolina Lorenzo, Pablo Paz
  • Reparto: Monti Castiñeiras, Sonia Castelo, Lidia Veiga, Iria Sobrado, Iris Darriba, Sara Sanz, Paula Morado, Paula Cereixo, Ana Oca, Victoria Teijeiro, Andrés Giráldez, Federico Pérez, Óscar Allo, Marcos Viéitez, Lois Soaxe, Xúlio Abonjo, David Seijo, Roque Ruíz, Marcos Orsi, David Alonso, Evaristo Calvo, Raúl Alonso, Xoque Carbajal
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor serie de TV