A Foreign Song
sinopse
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e acostábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro.
Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
FICHA TÉCNICA
- Produtor: Daniel Froiz
- Produción executiva: Vanesa Viñuela
- Dirección de fotografía: Alberte Branco AEC
- Dirección de produción: Nati Juncal
- Dirección de arte: Carmen Triñanes
- Montaxe: Marcos Flórez, Cristina Liz
- Composición musical: Xoan Xil
- Deseño de son: Emilio García
- Secretaría de produción: Vanesa Viñuela
- Deseño gráfico: Andrés Froiz
- Xefatura de produción: Sergio Sotelo
- Coordinación de produción: Vanesa Viñuela
- Auxiliar de produción: Salomé Trujillo
- Foquista: Deirdre Canle, Artur Rodríguez
- Atrecista de rodaxe: Daniela Rodas, Xacobo Castro
- Atrecista de avance: Guillermo Castro
- Son directo: Sebastian Neville Carlos Fonseca
- Eléctrico: Víctor Mañana (Trípede)
- Etalonaxe: Pablo Cayuela
- Deseño gráfico: X. Carlos Hidalgo
- VFX: Cormorán VFX – Pablo Lamosa
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor documental
- Mellor dirección de fotografía
- Mellor dirección de produción
