Premio especial do público Galicia Calidade

Co obxectivo de implicar á audiencia no transcurso dos galardóns e reforzar o vínculo do audiovisual galego cos seus espectadores, por primeira vez nos Premios Mestre Mateo o público terá a oportunidade de votar pola súa película favorita de entre todas as finalistas a mellor documental e longametraxe.

A película gañadora do Premio Especial do Público Galicia Calidade darase a coñecer na Xuntanza de Finalistas o día 6 de marzo no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

As persoas que participen co seu voto entrarán nun sorteo dunha Experiencia Galicia Calidade.

360 curvas
ao son da nova regueifa
deuses de pedra
o silencio herdado
antes de nós
as liñas descontinuas
san simón
sirat