Skip to main content

A XXV edición dos Premios Mestre Mateo chega con novidades nas súas bases. Recollemos a continuación os principais cambios que cómpre ter en conta para esta edición.

Novas categorías de obras.
Incorpóranse novas categorías para diferenciar formatos e ámbitos de creación:

  • Mellor Longametraxe
  • Mellor Longametraxe en Lingua non galega
  • Mellor Curtametraxe de Ficción
  • Mellor Curtametraxe Documental
  • Mellor Serie
  • Mellor Serie en Lingua non galega
  • Mellor Programa Informativo, Divulgativo ou de Actualidade
  • Mellor Programa de Variedades ou de Entretemento

*Consultar apartado 4 das bases.

Novas categorías de profesionais.
Reestructúranse as categorías de dirección, que pasan a diferenciarse segundo o tipo de obra:

  • Mellor Dirección de Longametraxe
  • Mellor Dirección de Serie
  • Mellor Dirección de Programa

Tamén se reorganizan as categorías de comunicación:

  • Mellor Comunicador/a de Programa Informativo, Divulgativo ou de Actualidade
  • Mellor Comunicador/a de Programa de Variedades ou de Entretemento

*Consultar apartado 5 das bases.

Nova norma de inscrición.
Se unha produción cumpre a porcentaxe de titularidade galega esixida (entre o 10 % e o 19 %), pero non acada os 7 puntos mínimos de profesionais galegos e elementos de galeguidade non poderá inscribirse nas categorías de produción, pero sí poderá inscribir aos profesionais galegos que participasen na produción.*Consultar apartado 3.1.C. das bases.

Nova regulación do uso da IA.
Todas as obras deberán declarar na inscrición se empregaron IA xerativa:

  • Uso nulo.
  • Uso auxiliar. Ferramentas para tarefas técnicas non creativas: corrección de cor, subtitulación, limpeza de audio, tradución ou produtividade en posprodución. É compatible con todas as categorías.
  • Uso significativo. IA xerativa aplicada a elementos creativos nucleares: imaxes, personaxes, voces, música ou guión. Pode participar nas categorías de produción, pero non nas categorías profesionais individuais relacionadas cos elementos xerados por IA, salvo que se acredite autoría humana.

A declaración é obrigatoria. A omisión ou unha declaración falsa/incompleta poderá supoñer a exclusión da candidatura ou a retirada do premio.

*Consultar apartado 3.3. das bases.

Cambio no período de admisión de obras. Poderán participar as obras que tivesen a súa primeira comunicación pública entre o 1 decembro de  2025 e o 31 decembro de 2026.

*Consultar apartado 3.1. das bases.

Adianto do prazo de inscrición. O prazo para presentar as candidaturas está aberto desde hoxe e ata o 30 de setembro de 2026 ás 14:00 hs para enviar ou entregar as propostas de candidaturas.

*Consultar apartado 7.4.1. das bases.