Non cho podo dar (Sabela e María Escarmiento)

sinopse

Na peza que acompaña ao tema Non cho poño dar podemos ver unha representación visual do sentir da canción, deixando patente esa forma de xulgar da sociedade cando fas algo que se sae do establecido, neste caso a referencia do tema é a amar fóra das normas impostas pola sociedade. Para iso, xogan co mito da Maruxaina e acoden á referencia das sereas para representar a esas mulleres libres, temidas e xulgadas por ser diferentes. Por outro lado, no videoclip tamén hai referencias a Maruja Mallo, representadas en imaxes como a de Sabela cuberta de algas na praia, facendo alusión ao retrato icónico da pintora surrealista na que se pode apreciar a súa figura recuberta de algas.

FICHA TÉCNICA
  • Main Artist: Sabela e María Escarmiento
  • Dirección: Paula Pereira 
  • Axudante de dirección, montaxe e VFX: Emma Orio 
  • Dirección de fotografía: Miguel Gomar
  • Auxiliar de cámara: Dani Iglesias 
  • Dirección de arte: Natalia Silva Villar 
  • Vestiario: Antía Verea 
  • Etalonaxe: Leticia T. Blanco 
  • Gráficos: Paula Pereira 
  • Produción global: Sabela Ramil e Trece Amarillo
  • Produción executiva: Sabela Ramil e Andrea Pena 
  • Figuración: Margarita Abad, Vera Álvarez, Gerardo Álvarez, María Álvarez, Uxía Álvarez, Thais Camba, Francisco Javier Camba, Francisco Cao, María Luisa Blanco, Lúa Bianchetti, Aroa Bianchetti, Emma Bermúdez, Andrea Franco, Aida García, Cristina Guerreiro, Marité Herbón, Francisco López, María Teresa López, Eva Martínez, Paulo Martínez, Claudia Muiño, Miguel Ángel Pena, María José Pérez, María Pichín, Iria Rivas, Antonio Rivera, Mari Carmen Rivera, Thaís Rivera, Marina Rojas, Manuela Salgado, Ari Vázquez
  • Coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais
  • Coa Colaboración de Concello de Cervo, Filamento Iluminación, Trece Amarillo e Queimarte 
  • Agradecementos: Welab, FR Rent 
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
  • Videoclip