Atrápame se podes (376-620)

sinopse

ATRÁPAME SE PODES é un concurso de preguntas e respostas presentado por Paco Lodeiro no que o máis importante é que os participantes e os espectadores o pasen ben e, por suposto, os aspirantes teñen a posibilidade de gañar premios, pode ser o desexado bote ou o petisco diario. Cada semana, cinco novos concursantes deben superar diferentes fases. Primeiro compiten todos contra todos e logo por parellas. Á final só chegarán dous, que terán que enfrontarse entre si para subir os cinco chanzos da escaleira e levar o bote, que medra en cada programa.

FICHA TÉCNICA
  • Presentador: Paco Lodeiro
  • Produción executiva: Fernanda Tabarés
  • Produción delegada: TVG
  • Directora de produción: Paula Fernández
  • Produtora: Silvia Mosquera
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor comunicador