Skip to main content

O vindeiro xoves 6 de febreiro, a partir das 11.30 horas, a actriz Susana Sampedro e o sonidista David Machado anunciarán as candidaturas finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo, que competirán por alzarse cun trofeo na gala do vindeiro 15 de marzo. 

O anuncio terá lugar no Pazo da Deputación de Pontevedra. Poderase ver en directo a través da canle de Youtube da Academia.